A ficocianobilina é unha ficobilina azul, é dicir, un pigmento tetrapirrólico cromóforo captador de luz, que se encontra en cianobacterias e nos cloroplastos das algas vermellas, glaucófitas, e algunhas criptomónadas. A ficocianobilina está presente só nas ficobiliproteínas aloficocianina e ficocianina, das cales é o aceptor terminal de enerxía. Está unido covalentemente a estas ficobiliproteínas por enlaces tioéter.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Biliproteína
Categoría:Pigmentos fotosintéticos Categoría:Pigmentos biolóxicos Categoría:Tetrapirrois