miniatura|400px|Cerimonia de culto helénico no 2010. miniatura|Templo helénico moderno en Tesalónica. O dodecateísmo, tamén coñecido como neohelenismo ou neopaganismo helénico é unha modalidade de neopaganismo centrada nos deuses, crenzas e prácticas da relixión da Grecia antiga, así como na recuperación das antigas tradicións e filosofía precristiás.
En 2017, o helenismo foi legalmente recoñecida como "relixión coñecida" en Grecia.
Relixió helénica antiga
A relixión na Grecia antiga era unha práctica politeísta que se desenvolveu ó redor do mar Exeo, a partir do período micénico no -1200 e que continúa ata o período helénico entre os séculos -II e IV, e durante os primeiros séculos da dominación do Imperio romano. Esta ampla práctica do politeísmo remata coa política establecida polo emperador romano Teodosio a finais do século IV.
Dodecateísmo moderno ou neohelenismo O neohelenismo é un movemento cultural posmoderno e poscristián activo en Grecia e noutras zonas do mundo, particularmente nos Estados Unidos. O fenómeno neohelénico presenta recuperacións moi variadas, en particular antropolóxicas, sociolóxicas e relixiosas. O movemento neohelénico leva canda si determinadas ideas sociolóxicas e antropolóxicas que cobren varios campos da visión humana do mundo, da valoración da figura feminina na sociedade, e unha idea de política moi semellante á da Grecia antiga.
Os grupos dodecateicos neohelénicos caracterízanse por unha sólida base común. En Grecia, a organización "Ύπατο Συμβούλιο των Ελλήνων Εθνικών" (Consello Supremo de Gregos Xentís),YSEE Consello Supremo de Gregos Xentís para a Salνación e Promoción da Genuina Tradición Helénica refírense a esta relixión como "Ελληνική Εθνική Θρησκεία" (Relixión Nacional Grega). As principais organizacións de neohelenistas son: o Concello Supremo de Gregos Xentís e a Sociedade de Amigos de Áticos, que aseguran ter entre ambos uns 40.000 membros.
Persecución En Grecia, a relixión oficial do Estado é a Igrexa Ortodoxa Grega. A lei grega establece unha multa elevada por predicar calquera relixión sen permiso, aínda que no 2004, a Corte Suprema deulle ó xudaísmo e ó islam o status de relixións aceptadas, pero non así ó neopaganismo helénico. Porén, a Corte estableceu no 2006 que o paganismo heleno debía deixar de estar prohibido, o cal permitiulles ós neopagáns gregos deixar de ser unha relixión ilegal. O presidente da Comunidade de Sacerdotes Gregos, Eustathios Kollas declarou que: "Son un feixe de miserables resucitadores dunha dexenerada relixión morta que desexan regresar ás alucinacións do escuro pasado".Grecia en Guardian.co.uk
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Mitoloxía grega Deuses olímpicos Bibliografía
Categoría:Mitoloxía grega Categoría:Neopaganismo