Man of Tai Chi é un filme chinés-americano dirixido por Keanu Reeves que se estreou no 2013.

Sinopse Historia de Tiger Chen (adestrador e amigo de Keanu na vida real), un mensaxeiro que practica a arte do Tai Chi como un sistema de combate, e que adestra tódolos días cun vello mestre nun templo que está a caer. El devece por gañar fama como loitador, mais o seu mestre trata de facerlle entender que o primeiro é a honra e a humildade. Cando as dificultades económicas o obriguen, Tiger entrará en contacto con Donaka Mark (Keanu Reeves), un home de negocios que organiza pelexas entre grandes loitadores para ofrecerlles espectáculo online a clientes adiñeirados. A partir dese intre, Tiger entrará nunha espiral de morte e combates da que só poderá saír dun xeito.

Personaxes Tiger Chen como Tigre Chen Linhu Keanu Reeves como Donaka Mark Karen Mok como Sun Jing Shi Simon Yam como Superintendente Wong Ye Qing como Qing Sha Yu Hai como Master Yang Sam Lee como Tak Ming Michael Tong como Policía Yuan Iko Uwais como Gilang Sanjaya

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua cantonesa Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes dirixidos por Keanu Reeves Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados en Hong Kong Categoría:Filmes ambientados en Hong Kong Categoría:Filmes ambientados en Pequín Categoría:Filmes ambientados en Macau Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX