Hyland DeAndre Jordan, Jr., nado o 21 de xullo de 1988 en Houston, Texas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Denver Nuggets da National Basketball Association (NBA). Con 2,11 metros de estatura xoga na posición de pivote.

Traxectoria profesional Jordan foi elixido na 35ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Los Angeles Clippers. Xogou o seu primeiro partido coma titular o 19 de xaneiro de 2009 contra os Minnesota Timberwolves, onde fixo 8 puntos, 10 rebotes e 6 tapóns en 34 minutos de xogo.

O 11 de decembro de 2011, Jordan asinou unha oferta dos Golden State Warriors por 4 anos e 43 millóns de dólares. Porén, os Clippers decidiron igualar a oferta un día despois e quedar con Jordan.

Na tempada 2013-14, foi o máximo reboteador da liga con 13.6 rebotes por encontro, ademais de ser tamén o líder en porcentaxe de tiros de campo, cun 67.6 de tiros anotados.

O 31 de xaneiro de 2019, Jordan foi traspasado xunto a Wesley Matthews, Dennis Smith Jr. e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft ós New York Knicks, a cambio de Kristaps Porziņģis, Trey Burke, Courtney Lee e Tim Hardaway Jr..

O 6 de xullo de 2019, Jordan asinou cos Brooklyn Nets. O 3 de setembro de 2021, Jordan foi traspasado ós Detroit Pistons a cambio de Sekou Doumbouya e Jahlil Okafor, e foi cortado polos Pistons o 7 de setembro de 2021.

O 9 de setembro de 2021, Jordan asinou cos Los Angeles Lakers.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Houston, Texas Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto