Michael Olowokandi, nado en Lagos o 3 de abril de 1975, é un antigo xogador profesional nixeriano de baloncesto. Nado en Nixeria, foi á universidade nos Estados Unidos, e foi considerado un dos grandes fracasos do Draft da NBA tras ser elixido na primeira posición no ano 1998. Retirouse do baloncesto profesional en 2007.

Traxectoria profesional Olowokandi foi elixido na primeira posición do Draft da NBA de 1998 polos Los Angeles Clippers. Durante ó lockout da tempada 1998-99, fichou polo Kinder Bologna italiano. Máis tarde asinou o seu contrato cos Clippers e xogou alí durante cinco tempadas. Despois, asinou coma axente libre cos Minnesota Timberwolves, onde xogou pouco máis de dúas tempadas. O 26 de xaneiro de 2006, foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre varios xogadores.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Lagos Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto de Nixeria Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores do Virtus Bologna Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Boston Celtics