Buenaventura Pueyo Llanuza, coñecido como Ventura Pueyo, nado na Coruña en setembro de 1833 e finado en Ferrol o 13 de xaneiro de 1892, foi un profesor e xornalista galego.

Traxectoria Estudou en Santiago de Compostela. Profesor de ensino primario, publicou en 1868 Programas-instructores para la enseñanza de la gramática y de la aritmética. Colaborou na revista Galicia e foi redactor de El Eco Ferrolano, posto no que cesou en 1865. Fundou e dirixiu a revista El Pensamiento de Galicia, foi redactor e director de El Brigantino e dirixiu durante algún tempo o periódico La Voz Católica; tamén colaborou en El Diario Ferrolano. En 1870 trasladouse a Coruña, onde fundou e dirixiu El Museo de la Infancia. Ao pouco tempo marchou a Cuba, e en 1878 colaborou con Waldo Álvarez Insua na posta en marcha de El Eco de Galicia da Habana.El Diario de Santiago, 27-2-1878, p. 1 e 3-4-1878, p. 2. Foi nomeado profesor mercantil do Casino da Habana e publicou Tratado de Aritmética Mercantil y Teneduria de Libros en 1879. Tamén colaborou en Diario de la Marina e La Estudiantina, e en El Iris de Galicia, El Diario de Santiago e La Semana. Utilizou o pseudónimo El Barón de Iria. Volveu a Ferrol e nos oitenta foi profesor de Matemáticas da Escola de Artes e Oficios e dirixiu un colexio privado.Diario de Avisos de La Coruña 13-6-1886, p. 3. Finou en Ferrol o 13 de xaneiro de 1892.El Correo Gallego, 14-1-1892, p. 2-3.El Eco de Galicia, 16-1-1892, p. 3.

Obras Programas-instructores para la enseñanza de la gramática y de la aritmética, 1869. Tratado de Aritmética Mercantil y Teneduria de Libros, 1879. Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1833 Categoría:Finados en 1892