O aceite de cacahuete é un aceite vexetal preparado xa sexa mediante cocción dos cacahuetes (Arachis hypogaea) ou mediante a súa extracción nunha prensa hidráulica. Este aceite é de cor moi clara e a súa idoneidade para aguantar altas temperaturas convérteo nun aceite ideal na cociña como aceite de fritir. Ten un sabor suave que o fai apropiado para elaborar ensaladas, maionesas e vinagretas.

Este tipo de aceite é moi empregado na cociña asiática (emprégase no wok).

Composición A composición de ácidos graxos do aceite de cacahuete para consumo humano é a seguinte (en porcentaxe de peso en orde descendente).

Ácido oleico (C18: 1 ω-9 monoinsaturado): 35 - 72% Ácido linoleico (C18: 2 ω-6 poliinsaturados): 13 - 43% Ácido palmítico (C16: 0 saturado): 7 a 16% Ácido esteárico (C18: 0 saturado): 1,3 a 6,5% Ácido behénico (C22: 0 saturado): 1,0 a 5,0% Ácido araquídico (C20: 0 saturado): 0,5 a 3% Ácido lignocérico (C24: 0 saturado): 0,5 a 3% Ácido gadoleico (C20: 1 ω-9 monoinsaturado): 0,5 a 2,1% Ácido alfa-linolénico (ALA) (C18: 3 ω-3 poliinsaturados): <0,6% Ácido erúcico (C22: 1 monoinsaturado): <0,5%

Cada 100 g de aceite de cacahuete procedente de América do Sur ten, de media: Graxas monoinsaturadas: 39 g (sobre todo oleico) Ácidos graxos esenciais omega-6: 38 g Ácidos graxos saturados: 23 g (palmítico, esteárico, behénico, araquídico) Menos de 0,1 gramos de ácidos graxos esenciais omega 3

A favor (en termos de dieta): Rico en ácidos graxos esenciais omega-6 (pero menos que o aceite de xirasol)

Contras:

Relativamente rico en ácidos graxos saturados (comparado con aceite de oliva, colza ou xirasol) Baixo en ácido graxo esencial omega-3. Recordemos que o consumo ideal é unha achega omega-6/omega-3 entre 1/1 e 4/1 (no exemplo anterior é de 380/1)

Outros usos O aceite de cacahuete de segunda extracción utilízase na fabricación de xabón.

Cacahuete