Jon Ola Sand, nado en Oslo o 21 de decembro de 1961, é un executivo noruegués de televisión, e traballa para a emisora pública noruega Norsk Rikskringkasting (NRK).
Traxectoria Sand ten 15 anos de experiencia traballando en grandes producións e coproducións de NRK e TV 2, así como a produción para empresas independentes. É membro da Academia Internacional de Artes e Ciencias de Televisión. Sand produciu e dirixido diversos programas, como o concerto do Premio Nobel da Paz, os Premios Noruegueses do Cine e a selección nacional de Noruega para o Festival de Eurovisión, Melodi Grand Prix. En 2010, Jon Ola Sand foi designado Produtor Executivo do Festival de Eurovisión 2010, celebrado en Oslo, Noruega, xa que Sand é produtor de televisión da canle norueguesa NRK, responsable da celebración do festival en 2010.
O 26 de novembro de 2010, Jon Ola Sand foi nomeado supervisor executivo do Festival de Eurovisión e do Festival de Eurovisión Júnior, despois de que Svante Stockselius renunciase ao seu posto logo de varios anos. Sand comezou a súa nova función de Supervisor executivo da UER o día 1 de xaneiro de 2011.
Notas
Categoría:Festival de Eurovisión Categoría:Unión Europea de Radiodifusión Categoría:Nados en Oslo Categoría:Nados en 1961 Categoría:Personalidades de Noruega