O hiato aniónico, ou anion gap en inglés é a diferenza entre os anións e os catións medidos no soro plasmático.
Adoita empregarse en medicina para tentar dilucidar a causa dunha acidose metabólica.
Fórmula bioquímica Malia que varios autores inclúen o ion potasio no cálculo do hiato aniónico, as concentracións baixas deste no soro fan que na actualidade estea aceptada a omisión deste polo anódino efecto que ten no resultado final. Así as cousas, a ecuación ficaría do seguinte xeito:
Anion GAP = [Na+] − ([Cl-] + [HCO3−])
Onde: [Na+] é a concentración sérica do ion sodio; [Cl-] é a concentración sérica do ion cloruro; [HCO3−] é a concentración sérica de bicarbonato.
Notas
Categoría:Biomedicina