Stig Svante Stockselius, nado o 31 de decembro de 1955, é un xornalista sueco e executivo de televisión, que foi Supervisor xefe dos Concursos de Cancións da Unión Europea de Radiodifusión (UER). Foi o supervisor executivo do Festival da Canción de Eurovisión (ESC) e do Festival de Eurovisión Júnior (JESC).

Traxectoria Svante Stockselius creceu en Ockelbo, unha pequena cidade no centro de Suecia. Alí comezou a súa carreira como xornalista. Cando tiña 16 anos, traballou para o xornal baseado en Estocolmo "Expressen".

Foi xefe da división de entretemento da Axencia Sueca da televisión pública, Sveriges Television desde de finais da década dos 90, traballou no Festival de Eurovisión 2000, celebrado en Estocolmo. El tamén foi o que propuxo modernizaciones para a preselección sueca do Festival da Canción de Eurovisión, Melodifestivalen, en 2002, presentando catro semifinais e unha repesca anterior á final.

Logo da vitoria de Estonia no Festival de Eurovisión 2001, a televisión pública estoniana, ETV, ofreceulle participar nos preparativos do Festival de Eurovisión 2002. En 2002 pasou a traballar para a canle comercial de televisión sueco TV4. No ano 2003 ofrecéuselle o posto de traballo como Supervisor Executivo do Festival da Canción de Eurovisión, onde traballou desde entón ata o 31 de decembro de 2010, cando Jon Ola Sand foi elixido para sucedelo no cargo.

Notas

Categoría:Unión Europea de Radiodifusión Categoría:Festival de Eurovisión Categoría:Nados en 1955 Categoría:Xornalistas de Suecia Categoría:Produtores de cinema Categoría:Presentadores de televisión Categoría:Nados en Suecia