The Replacements é unha banda estadounidense de punk rock formada en Minneapolis, Minnesota en 1979, e consideradas unha das pioneiras do rock alternativo. O grupo estivo composto polo guitarrista e vocalista Paul Westerberg, o guitarrista Bob Stinson, o baixista Tommy Stinson e o batería Chris Mars durante a meirande parte da súa carreira. Tras varios álbums con moi boas críticas, como Let It Be e Tim, Bob Stinson deixou a banda en 1986 e esta experimentou varios cambios na súa formación; Slim Dunlap uniuse como guitarra solista e Steve Foley substituíu a Mars en 1990. Cara ao final da carreira do grupo, Westerberg fíxose coa meirande parte do control creativo. The Replacements separouse en 1991, dedicándose os seus membros a outros proxectos. Porén, anunciouse unha reunión o 3 de outubro de 2012. The Replacements nunca tiveron éxito comercial, pero foi unha grande influencia para varios artistas do rock alternativo.
A música de The Replacements estivo influenciada por artistas como The Rolling Stones, Faces, Big Star, Slade, Badfinger, Lou Reed e The Beatles, ademais de bandas de punk rock como The Ramones, Johnny Thunders, Dead Boys e The Clash.
Discografía Álbum Ano Selo Sorry Ma, Forgot to Take Out the Trash 1981 Twin/Tone Records Hootenanny 1983 Twin/Tone Records Let It Be 1984 Twin/Tone Records Tim 1985 Sire Records Pleased to Meet Me 1987 Sire Records Don't Tell a Soul 1989 Sire Records, Reprise Records All Shook Down 1990 Sire Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Minneapolis, Minnesota Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de garage punk Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais de jangle pop Categoría:Grupos musicais formados en 1979 Categoría:Grupos musicais reunidos en 2012