Jules-Auguste Chatron, nado en Charix (Ain) o 20 de abril de 1844 e finado en Osaca o 6 de maio de 1917 foi un bispo católico francés, misioneiro das Misións Estranxeiras de París e bispo de Osaca, dende 1896 até a súa morte. Traxectoria Jules-Auguste Chatron naceu o 20 de abril de 1844 en Charix, no departamento de Ain (eclesiasticamente na diocese de Belley), nunha familia modesta de labregos. Perdeu os seus pais cando era pequeno e educouno un tío. Por influencia dun parente crego, Joseph Carron, entrou no seminario menor de Meximieux, onde estudou até 1866. Continuou os seus estudos no seminario de Brou, e finalmente foi ordenado sacerdote o 26 de setembro de 1869.
Destinado á misión de Nagasaki o 7 de maio de 1873. En 1893 estableceuse en Osaca como vigairo xeral do bispo Henri-Caprais Vasselon, e logo da súa morte foi nomeado bispo de Osaca o 22 de xullo de 1896. En 1903 visitou San Francisco para recadar fondos para a misión, e para tratar unha dobre hernia. Volveu ao Xapón en 1904, logo de pasar por Francia. Finou en Osaca o 5 de xuño de 1917, a causa dunha operación para tratar unha recorrenza nesta doenza.
Notas
Categoría:Nados no departamento de Ain Categoría:Nados en 1844 Categoría:Finados en 1917 Categoría:Bispos católicos do Xapón Categoría:Bispos católicos de Francia Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Membros das Misións Estranxeiras de París Categoría:Misioneiros