Oscar dos Santos Emboaba Júnior, máis coñecido como Oscar, nado en Santa Bárbara d'Oeste, São Paulo, o 9 de setembro de 1991, é un futbolista brasileiro que xoga como mediapunta ou extremo para o Chelsea da Premier League.
Traxectoria Iniciou a súa carreira no São Paulo, onde conquistou o Campionato Brasileiro de 2008. En 2009, foi ao tribunal contra o club debido a irregularidades no seu contrato. Após unha serie de controversias, deixou o club e foi para o Internacional, onde pasou os seguintes tres anos da súa carreira. Olladores do Chelsea levárono para o club inglés en 2012. O seu estilo de xogo e habilidade fan que teña sido comparado co seu compañeiro de selección Kaká e o alemán Mesut Özil.
A nivel internacional actuou coa selección olímpica do Brasil, nas Olimpíadas de Londres de 2012 ademais de na . O 20 de agosto de 2011, marcou tres goles na final da Copa do Mundo sub-20 contra , na vitoria con remontada por 3 a 2, converténdose no primeiro xogador en marcar un hat-trick na final desta competición. Máis tarde, describiría as súas actuacións no torneo como unha porta de entrada para o equipo senior. Foi convocado por primeira vez para equipo absoluto contra . O seu primeiro gol tamén foi contra a , nunha derrota por 4 a 3 en xuño de 2012. Ese mesmo ano foi elixido no posto 37º dos 100 mellores futbolistas do mundo polo xornal The Guardian.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no sitio web oficial do Chelsea Estatísticas no sitio web oficial da FIFA
Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas olímpicos do Brasil Categoría:Xogadores do São Paulo FC Categoría:Xogadores do Sport Club Internacional Categoría:Xogadores do Chelsea FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Brasil Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados no estado de São Paulo Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas olímpicos de prata polo Brasil Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol