Pedro Pablo Hernández, nado o 24 de outubro de 1986 en San Miguel de Tucumán (Provincia de Tucumán) é un futbolista arxentino nacionalizado chileno que xoga na demarcación de centrocampista para o Club Atlético Independiente.
Traxectoria Comezou a xogar no Atlético Tucumán, de aí foi traspasado a Uruguai, primeiro ao Racing Club de Montevideo e despois ao Defensor Sporting, este último cedeuno ao DC United estadounidense, porén deixou a MLS aos poucos meses.
De volta no cono sur fichou polo Argentinos Juniors, equipo co que debutou en febreiro de 2011. En agosto de 2013 foi traspasado ao CD O'Higgins. En decembro dese ano anotou o gol ante Universidad Católica que lle deu o título do Torneo Apertura ao O'Higgins.
Recentemente nacionalizado chileno o 22 de xaneiro de 2014 foi convocado pola Selección de fútbol de Chile, anotando dous goles no seu debut ante Costa Rica. Porén non puido disputar o Mundial de Fútbol Brasil 2014 a causa dunha lesión.
O 24 de xuño de 2014 fichou polo Celta de Vigo, a petición expresa do novo adestrador celeste Eduardo Berizzo, que o tivera ás súas ordes o ano anterior en O'Higgins.
Palmarés TítuloClubPaísAnoTorneo Arxentino AClub Atletico Tucuman Arxentina2007/08Torneo AperturaClub Deportivo O'Higgins Chile2013Supercopa de ChileClub Deportivo O'Higgins2014
Notas
Categoría:Nados na provincia de Tucumán Categoría:Nados en 1986 Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Club Atlético Tucumán Categoría:Xogadores do Racing Club de Montevideo Categoría:Xogadores do Defensor Sporting Club Categoría:Xogadores do DC United Categoría:Xogadores do Argentinos Juniors Categoría:Xogadores do Club Deportivo O'Higgins Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do CA Independiente Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Chile Categoría:Futbolistas gañadores da Copa América