Often foi unha marca de roupa e complementos de Inditex, inicialmente organizada dende Pull & Bear, chegando a ter 54 tendas. A cadea pechou vendendo os seus establecementos a Friday´s Project de Julián Imaz, un dos provedores de Inditex, e integrando na marca Pull and Bear o resto.
Often foi un dos tres proxectos fracasados de Inditex no negocio da moda. Os outros dous foron Brezos e X-DYE. Brezos estaba especializada en roupa cara de muller. Chegou a ter cinco tendas antes de ser absorbida por Bershka. X-DYE, roupa vaquera, pechou con dúas tendas.Enrique Badia. Zara y sus hermanas. LID Editorial, 2008, pax. 347 e 348 ISBN 9788483560266.
Notas
Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Empresas téxtiles Categoría:Inditex