Santiago Bernabéu Yeste, nado en Almansa, Albacete, o 8 de xullo de 1895 e finado en Madrid o 2 de xuño de 1978, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro e estivo sempre ligado ao Real Madrid Club de Fútbol, club que presidiu durante 35 anos (entre 1943 e a súa morte en 1978).

Polémica polo nome do estadio O estadio Santiago Bernabéu foi nomeado na súa honra en 1955, cambiándolle o anterior nome (Chamartín). Segundo algúns, incumpre a Lei de Memoria Histórica xa que Bernabéu participou golpe fascista de 1936, e alistouse na División de Infantaría falanxista ocupando Cataluña, foi condecorado por méritos de guerra e ascendido a cabo militar.

Ao palco do estadio acudían autoridades franquistas, incluído o fundador da lexión, José Millán-Astray, quen o chegou a retar "a un duelo con pistolas". Nun fragmento dun documental sobre Bernabéu, publicado pola conta de Twitter do Real Madrid, este afirma: "Cuando oigo que el Madrid ha sido el equipo del régimen me dan ganas de cagarme en el padre de quien lo dice".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos de Bernabéu en realmadrid.com

Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Nados en Almansa Categoría:Futbolistas de Castela-A Mancha Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Real Madrid CF Categoría:Presidentes do Real Madrid