A Cruz da Vitoria é unha crux gemmata, ou cruz enxoiada, feita no castelo de Gauzón que se atopa na Cámara Santa da Catedral de Oviedo. Afonso III (866-910) doouna á Catedral de San Salvador de Oviedo no ano 908, segundo consta nunha inscrición colocada no reverso da cruz. É o principal símbolo representativo de Asturias, ao figurar tanto na súa bandeira como no seu escudo dende decembro de 1990.
En 2010 un estudo de radiocarbono datou a cruz de madeira interior no século IX, suponse que pouco antes de cando se fixo o recubrimento enxoiado exterior.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cruz de Peñalba, berciana
Categoría:Símbolos de Asturias Categoría:Cruces cristiás