thumb|upright|"Automóbil". Caricatura feita por Guth publicada en Vanity Fair en 1899. O Marqués Jules Félix Philippe Albert de Dion de Wandonne, nado o 9 de marzo de 1856 e finado o 19 de agosto de 1946 foi un pioneiro francés da industria automobilística.
Vida Jules-Albert foi un herdeiro dunha importante familia da nobreza francesa, en 1901 sucedeu a seu pai Louis Albert William Joseph de Dion de Wandonne como conde e máis tarde marqués. Un "notorio duelista", tamén tiña paixón pola mecánica.Wise, David Burgess, "De Dion: The Aristocrat and the Toymaker", in Ward, Ian, executive editor. The World of Automobiles (London: Orbis Publishing, 1974), Volume 5, p.510. Xa tiña construído un modelo de máquina de vapor, cando, en 1881, viu unha na ventá dunha tenda e pensou en construír outra. Os enxeñeiros, Georges Bouton e seu cuñado, Charles Trépardoux,Georgano, G. N. Cars: Early and Vintage, 1886-1930. (London: Grange-Universal, 1990), p.27. tiñan unha tenda en Léon onde fabricaban xoguetes tecnolóxicos. Precisando diñeiro para o soño de Trépardoux dun coche a vapor, asociáronse con De Dion.Georgano, G. N. Cars: Early and Vintage, 1886-1930. (London: Grange-Universal, 1990), p.24 cap.
Durante 1883 formaron a sociedade que sería a compañía automobilística De Dion-Bouton, a maior fábrica de automóbiles durante un tempo. Probaron con máquinas de vapor mariñas, pero logo fóronse ao coche de vapor, constituído por cintas para accionar as rodas dianteiras e guiado pola traseira. Esta máquina ardeu durante unhas probas. En 1884 construíron outra con rodas frontais direccionables e rodas traseiras tractoras. Desde o 2011, é o coche máis antigo que funciona, capaz de levar catro persoas a 38 mph.
Comte de Dion participou co seu modelo en 1887, na "primeira competición motora de Europa", idea de M. Paul Faussier, da revista ciclista Le Vélocipède Illustré. Evidentemente, a promoción foi insuficiente, de Dion foi o único participante, mais deu rematado a carreira.
O eixe de Dion (ou 'eixe morto') foi realmente inventado por Trépardoux, defensor do vapor, xusta antes de que abandonase a compañía pois esta estaba investigando a combustión interna.Wise, David Burgess, "De Dion: The Aristocrat and the Toymaker", in Ward, Ian, executive editor. The World of Automobiles (London: Orbis Publishing, 1974), Volume 5, p.511.
En 1898 cofundou o Mondial de l'Automobile (Salón do Automóbil de París).
Morreu en 1946, aos 90 anos,Wise, David Burgess, "De Dion: The Aristocrat and the Toymaker", in Ward, Ian, executive editor. The World of Automobiles (London: Orbis Publishing, 1974), Volume 5, p514 e está soterrado no cemiterio de Montparnasse en París. Hai unha placa de memorial na capela familiar en Wandonne, 3 km ao sur de Audincthun, no departamento do Paso de Calais.
Carreiras de coches As carreiras de coches comezaron en Francia como resultado directo do entusiasmo co que o público francés acolleu o automóbil. Os fabricantes estusiasmáronse con elas debido á posibilidade de usalas como publicidade para vender os seus coches. A primeira carreira tivo lugar o 22 de xullo de 1894 e foi organizada por Le Petit Journal, un xornal parisiense. Discorría unha distancia duns 122 km entre París e Ruán. Esta foi gañada por de Dion, aínda que non foi premiado coa primeira praza pois o seu automóbil a vapor requiría un fogueiro e os xuíces estimaron iso como fóra dos seus obxectivos.
Caso Dreyfus As raíces tanto do Tour de Francia como de L'Auto (L'Équipe), un diario deportivo, poden ser emprazadas no caso Dreyfus e as accións e opinións ferventes de Dion sobre o tema.
As opinións foron intensas e houbo demostracións de tales por ambas partes no asunto. O historiador Eugen Weber describiu unha conflagración en 1899 na carreira de cabalos de Auteuil en París como "unha xolda política absurda" cando, entre outros sucesos, o presidente de Francia Émile Loubet foi golpeado na cabeza cun caxato brandido por de Dion.Weber, Eugen (2003), foreword to "Tour de France: 1903-2003", eds Dauncey, Hugh and Hare, Geoff, Routledge, USA, ISBN 978-0-7146-5362-4, p. xi Pasou 15 días no cárcere e foi multado con 100 francos, e o seu comportamento foi duramente criticado por Le Vélo, o maior diario deportivo de Francia, e o seu editor pro-Dreyfus, Pierre Giffard. O resultado foi que de Dion retirou toda a súa publicidade do xornal,Boeuf, Jean-Luc, and Léonard, Yves (2003), La République du Tour de France, Seuil, France, p23 e en 1900 liderou un grupo de ricos anti-Dreyfus, como Adolphe Clément ou Édouard Michelin, para fundar L'Auto-Velo e competir directamente con Le Velo, que por forza legal tivo que mudar o nome L'Auto, que á súa vez creou o Tour de Francia en 1903 para estimular a súa circulación.
L'Auto De Dion e Michelin estaban particularmente preocupados con Le Vélo, que informaba máis que de ciclismo, pois estaba financiado por un dos seus rivais comercias, a compañía Darracq. De Dion cría que Le Vélo lle daba a Darracq demasiada atención e pouca a el. De Dion foi un home franco que xa escribira columnas para Le Figaro, Le Matin e outros. A súa riqueza permitíalle satisfacer os seus antollos, como fundar Le Nain Jaune ("O gnomo amarelo"), unha publicación quincenal que "non respondía a ningunha necesidade especial."
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Georgano, G. N. Cars: Early and Vintage, 1886-1930. Londres: Grange-Universal, 1990 (reprints AB Nordbok 1985 edition). Wise, David Burgess, "De Dion: The Aristocrat and the Toymaker", in Ward, Ian, executive editor. The World of Automobiles (Londres: Orbis Publishing, 1974), Volume 5, p. 510-4.
Ligazóns externas Profile on Historic Racing http://es-la.facebook.com/note.php?note_id=382133034524&comments&ref=mf
Categoría:Nados en 1856 Categoría:Finados en 1946 Categoría:Nados no departamento de Loira Atlántico Categoría:Empresarios do sector do automóbil Categoría:Empresarios de Francia