Gracilicutes (do latín: gracilis, delgado, e cutis, pel, facendo referencia á parede celular) é un taxon controvertido en taxonomía bacteriana.

Tradicionalmente os resultados da tinguidura de Gram eran os máis utilizados como feramenta de clasificación, polo que ata que se empezou a utilizar a filoxenia molecular, o Reino Prokaryotae (como se lle chamaba entón ao dominio Bacteria) foi dividido en catro filos,Gibbons (N.E.) and Murray (R.G.E.): Proposals concerning the higher taxa of bacteria. International Journal of Systematic Bacteriology, 1978, 28, 1-6. Gracilicutes (bacterias gramnegativas). Firmacutes [sic] (bacterias grampositivas, posteriormente corrixido a FirmicutesMurray (R.G.E.): The higher taxa, or, a place for everything...? In: N.R. Krieg and J.G. Holt (ed.) Bergey's Manual of Systematic Bacteriology, vol. 1, The Williams & Wilkins Co., Baltimore, 1984, p. 31-34). Mollicutes (tinguidura de Gram variable, por exemplo, Mycoplasma). Mendocutes (tinguidura de Gram inestable, "bacterias metanoxénicas" agora coñecidas como metanóxenas e clasificadas como Archaea).

Este sistema de clasificación foi abandonado en favor do sistema de tres dominios baseado na filoxenia molecular iniciado por C. Woese.Woese, C. R. (1987). "Bacterial evolution". Microbiological reviews 51 (2): 221–271. PMC 373105. PMID 2439888.

Este taxon que estaba sendo abandonado foi revivido en 2006 por Cavalier-Smith, que o considerou un infrarreino que contiña os filos Spirochaetae, Sphingobacteria, Planctobacteria, e Proteobacteria. Porén, este taxon non é xeralmente aceptado porque o que normalmente se segue é o sistema de tres dominios.

É un clado gramnegativo que se ramificou doutras bacterias xusto antes da perda na evolución da membrana externa, e xusto despois da evolución dos flaxelos.

Relacións O seguinte gráfico mostra a versión de Cavalier-Smith da árbore da vida, que indica o status de Gracilicutes.

Lenda: [A] gramnegativa cunha parede celular de peptidoglicano, clorosoma. [B] Fotosíntese oxixénica, Omp85 e catro novas catalases. [C] Revolución das glicobacterias: membrana externa con inserción de lipopolisacáridos, hopanoides, ácido diaminopimélico, ToIC e TonB. [D] Cromóforos de ficobilina. [E] Flaxelos. [F] Catro seccións: un aminoácido en HSP60 e FtsZ e un dominio nas ARN polimerases β e σ. [G] Endósporas. [H] Bacterias grampositivas: hipertrofia da parede de peptidoglicano, encima sortase e perda da membrana externa. [I] Glicerol 1-P deshidroxenase. [J] Proteasoma e fosfatidilinositol. [K] Revolución Neomura: Substitución do peptidoglicano por glicoproteínas e lipoproteínas. [L] ADN xirase inversa e lípidos isoprenoides con enlaces éter. [M] Fagocitose.

Notas

Categoría:Bacterias