A eparquía da Anunciación en Ibadan é unha sé da Igrexa católica maronita. O seu bispo actual é o libanés Simun Fadul.
Territorio A eparquía estende a súa xurisdición sobre os fieis maronitas residentes no África Occidental e Central. A sé eparquial está na cidade de Ibadan, en Nixeria.
Historia Foi erixida como exarcado apostólico de África Occidental e Central polo papa Francisco o 13 de xaneiro de 2014. Coa excepción dalgunhas eparquías coptas no Sudán, tratábase da primeira circunscrición eclesiástica católica oriental instituída no África subsahariana.
O primeiro exarca, sen carácter episcopal, foi Simun Fadul, até entón presidente de Cáritas do Líbano, e ao mesmo tempo foi nomeado visitador apostólico para os fieis maronitas residentes no África Meridional. O exarcado apostólico foi elevado a eparquía de Nosa Señora da Anunciación en Ibadan o 28 de febreiro de 2018, pasando a ser unha eparquía inmediatamente suxeita ao patriarcado maronita de Antioquía.
Episcopoloxio Exarcas apostólicos de África Occidental e Central Simun Fadul (13 de xaneiro de 2014 - 28 de febreiro de 2018) Bispos de Nosa Señora da Anunciación en Ibadan Simun Fadul (28 de febreiro de 2018 - actualidade)
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Divisións territoriais católicas en Nixeria Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica maronita Categoría:Eparquías católicas