Este artigo trata sobre a especie "Genista anglica", para a especie homónima de nome científico "Genista berberidea" véxase o artigo Piorno das brañas.
A gatiña ou piorno espiñentoO nome piorno espiñento tamén se refire á especie Genista hystrix) (Genista anglica) é un piorno (familia das fabáceas) que medra en Europa. En Galiza aparece no sur do país. miniatura|240px|Ilustración
Descrición Mato espiñento (por iso tamén recibe o nome de toxo bravo), ergueito e con espiños moi magros de 1 a 2 cm de lonxitude. Flores amarelas duns 8 mm de lonxitude, en pequenos acios. Pode ter follas aparentemente simples ou a dos tallos estériles ás veces con 3 folliñas, case sentadas. Rosea dende o inverno e toda a primavera.
Hábitat Medra en piorneiras e uceiras húmidas, prados enchoupados e lamazais en substratos acedos dende o piso inferior deica uns 2.000 m. Mestúrase acotío coa carroucha das brañas (Erica tetralix), alternando con brañas e lameiros de especies coma a herba das brañas (Nardus stricta) e o sedio (Molinia caerulea).
Distribución Oeste e centro de Europa (nas illas Británicas aparece en Cornualla, Gales e no leste de Escocia), Italia e noroeste de África. Na Península Ibérica está amplamente repartida sobre todo polo norte, centro e oeste, sende frecuente en Galiza. Nas montañas de Burgos, Soria, Palencia, León, Segovia, Ávila e Guadalaxara.
Taxonomía Genista anglica foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 710. 1753. Etimoloxía Genista: procede do latín vulgar genĕsta, que, á súa vez, deriva do nome latino clásico da planta genista, que dá nome ao xénero. Téñase en conta que o termo xesta (procedente de genista) é máis comunmente empregado en galego para se referir ás especies do xénero achegado Cytisus.Os reis e raíñas Plantagenet de Inglaterra tomaron o seu nome, planta Genesta ou plante genest, en alusión a unha historia que, cando Guillerme o Conqueridos se embarcou rumbo a Inglaterra, arrincou unha planta que se mantiña firme, tenazmente, a unha rocha e meteuna no seu casco como símbolo de que el tamén sería tenaz na súa arriscada tarefa. A planta foi a chamada planta genista en latín. Porén Guillerme o Conqueridor chegou moito anttes dos Plantagenet e en realidade foi Godofredo de Anjou quen foi alcumado o Plantagenet, porque levaba un ramo de flores amarelas de xesta no seu casco coma unha insignia (genêt é o nome en francés da xesta), e foi o seu fillo, Henrique II, o que se converteu no primeiro rei Plantagenet. Outras explicacións históricas son que Geoffrey plantou este arbusto coma unha cuberta de caza ou que el usábaa para se zoscar a si mesmo. Non foi até que Ricardo de York, o pai dos dous reis Eduardo IV e Ricardo III, cando os membros desta familia adoptaron o nome de Plantagenet, e despois se aplicou retroactivamente aos descendentes de Godofredo I de Anjou como o nome dinástico.California Plant Names: Latin and Greek Meanings and Derivations - G
anglica: epíteto xeográfico que alude á súa localización en Inglaterra.En Epítetos Botánicos Sinonimia Citoloxía Números cromosomáticos de Genista anglica (Fam. Leguminosae) e táxones infraespecificos: 2n=48Contribuiçao para o conhecimento citotaxonómico das spermatophyta de Portugal. IX. Cruciferae Fernandes, A., M. F. Santos & M. Queirós. Bol. Soc. Brot. ser. 2 51: 137-186 (1977). Sinonimia Telinaria anglica (L.) C.Presl in Abh. Königl. Böhm. Ges. Wiss. ser. 5 3: 566 (1845) Listera anglica (L.) Fourr. in Ann. Soc. Linn. Lyon ser. 2 16: 357 (1868), nom. illeg. Genista minor Lam., Fl. Franç. ed. 2 2: 615 (1795), nom. illeg. Genista ancistrocarpa SpachGatiña en The Plant List
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Greuter, W. et al. (Eds.) (1989) Med-Checklist Vol. 4 (published) Heywood, V.H. & Ball, P.W. (1968) Leguminosae. In: Flora Europaea Vol. 2. ed. Tutin, T.G. et al. Linnaeus, C. von (1753) Sp. Pl. Polunin, O. & Smythles, B.E. (1973) Fls. of South-West Europe. Oxford Univ. Press Ross-Craig, S. (1954) Drawings of British Plants Part VII. Reprinted 1979, Vol 3. Polunin, O. (1969) Flowers of Europe.O.U.P. Stace, C. (1991) New Flora of the British Isles. Cambridge Univ. Press Chittenden, F.J. (1951) The RHS Dictionary of Gardening II. Oxford Univ. Press Maire, R. (Quezel, P., Ed.) (1987) Flore de l'Afrique du Nord, Vol. 16. Dicots. Leguminosae, part. Vicioso, C. (1953) Genisteas Espaniolas 1. Min. de Agric. Madrid No. 67 Raynaud, C. (1979) Naturalia Monspel. Ser. Bot. 28: 1-52 Genista au Maroc. Domínguez, E. (1987) Pap. in Flora Vasc. de Andalucia Occ. Ketres, Barcelona
Outros artigos Genista Ligazóns externas USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN)
Categoría:Genista Categoría:Arbustos de Galicia Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Flora da Europa Atlántica Categoría:Plantas descritas en 1753