O Aeroporto de Roma–Ciampino (oficialmente e en italiano: Ciampino–Aeroporto Internazionale G. B. Pastine) é un aeroporto civil e militar nas proximidades de Roma, en Italia. O aeroporto está situado a 12 km ao suroeste do centro de Roma, xusto fóra da Grande estrada de Circunvalación (en italiano: Grande Raccordo Anulare ou GRA) a autoestrada circular que rodea a cidade.
O aeroporto de Ciampino foi inaugurado en 1916 e trátase dun dos aeroportos máis antigos en funcionamento. Foi o principal aeroporto de Roma até 1960, cun tráfico de pasaxeiros superior aos 2 millóns anuais. Tras a apertura do Aeroporto de Roma–Fiumicino, Ciampino serviu principalmente a voos chárter e executivos.
O aeroporto leva o nome de Giovan Battista Pastine, un piloto de avións que combateu na primeira guerra mundial.
Aeroliñas e destinos
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do aeroporto
Roma Ciampino