José Losada Castelao, nado en Rianxo en 1891 e finado en Vigo o 23 de abril de 1937, foi un mestre e político galego.

Traxectoria miniatura|dereita|De esquerda a dereita: Manuel Antonio, Manuel Rodríguez Castelao, Rafael Dieste, José Losada Castelao e Laureano Lorenzo, en 1920. Fillo de Juan M. Losada García e Pilar Castelao Genme, era medio irmán de Manuel Rodríguez Castelao. Estivo emigrado durante oito anos. Mestre, exercía na escola número 2 da vila Rianxo. Militante do Partido Galeguista de Rianxo, foi detido con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936, fuxiu e, despois de nove meses agochado, tentou escapar no bou Eva pero foron delatados e os falanxistas asaltaron o barco. José e os seus oito compañeiros decidiron suicidarse antes de caer en mans dos falanxistas.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en 1891 Categoría:Suicidas de Galicia