Xabier Maceiras Rodríguez, nado en Arteixo o 20 de maio de 1970, é un escritor, guionista e documentalista galego.

Traxectoria Colaborador de diversas asociacións culturais vinculadas especialmente a Arteixo, ten traballado na recuperación da historia da súa poboación natal e de municipios como A Laracha ou Carballo. Participa con artigos na revista O Dez e nos xornais coruñeses El Ideal Gallego e La Opinión. Entre 2011 e 2015 foi concelleiro na oposición no municipio de Arteixo polo BNG.

Obras Ensaio O mar de Arteixo e os seus naufráxios (Arteixo: A. C. Monte da Estrela, 2013) Crónicas de Arteixo (Embora, 2017) Contos mariños de Carballo (Concello de Carballo, 2017) Antoloxía das Confidencias de Picadillo (autoedición, 2018) Sabón (autoedición, 2019) Crónicas de Arteixo II (autoedición, 2020) 100 anos de fútbol en Arteixo e A Laracha (autoedición, 2021). Crónicas de Arteixo III (autoedición, 2022) Os bailes dos avós. Música e salóns da Laracha de antano (autoedición, 2023) As telleiras da Laracha e os cabaqueiros do Baixo Miño, 2025.

Obras colectivas De Liverpool ás Sisargas. A derradeira travesía do Priam, 2014, con Fernando Patricio Cortizo, Edicións Embora.

Teatro Coordinador dos proxectos teatrais Porlier en Pastoriza e Rodríguez, o loro de Picadillo.

Audiovisual "Pastoriza na lembranza", documental realizado con Fran Naveira. "Campanal de Loureda. Paixón por un sentimento", documental realizado con Fran Naveira. Un raio chamado Catuxa, documental realizado con Fran Naveira. Porlier 2.0, documental realizado con Fran Naveira. 12 Leiras, documental realizado con Xosé Antón Bocixa.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Concelleiros de Arteixo Categoría:Nados en Arteixo Categoría:Nados en 1970 Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia