A eparquía de Abakán é unha sé da Igrexa Ortodoxa Rusa con xurisdición sobre a República de Khakasiia, un dos suxeitos federais de Rusia.

Territorio A eparquía ten xurisdición sobre a República de Khakasiia, en Rusia. En 2013, o territorio estaba dividido en 80 parroquias. A sé eparquial está na cidade de Abakán. Historia En 1995 o patriarca de Moscova Aleixo II e o Santo Sínodo erixiron a eparquía de Abakán e Kyzyl.

O 6 de outubro de 2011 o Sínodo decidiu a división da eparquía, creando a eparquía de Kyzyl como circunscrición independente da de Abakán.

Episcopoloxio Vikentii Morar (18 de xullo de 1995 - 19 de xullo de 1999, nomeado eparca de Ekaterimburgo) Ionafan Tsvetkov (29 de decembro de 1999 - actualidade) Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial Perfil na páxina web da Igrexa Ortodoxa Rusa

Categoría:Divisións territoriais ortodoxas en Rusia Categoría:Divisións territoriais da Igrexa ortodoxa rusa Categoría:Eparquías ortodoxas