Clematis vitalbaNome vulgar en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 e Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009 é unha especie de clemátide (xénero: Clematis, na familia das ranunculáceas); unha planta rubideira orixinaria de Europa. Aparece nos bosques galegos. thumb|250px|Vista xeral da planta cos froitos. thumb|240px|Detalle da planta cos froitos.
Descrición É un arbusto rubideiro que acada a altura das árbores (até 15 0u 20 metros), caracterizado por unha casca que se desprende a fitas. Ten follas compostas con pecíolo volúbel. As flores son apétalas recendentes de cor branca (tamén azul ou violeta) formadas por catro sépalos (formando falsos pétalos), reunidas en panículas.
Distribución e hábitat É natural de Europa onde medra nos bosques, clareiros, estremeiros e derregas onde prefire dos terreos calcarios.
En Galiza a herba doncela encóntrase nas rexións máis orientais das provincias de Lugo e Ourense.
Propiedades Chamada en galego herba dos esmoleiros ou do pobre porque na Idade Media usábana os esmoleiros para se producir chagas que excitaran a piedade dos viandantes. En homeopatía utilízase contra as pústulas e afeccións reumáticas. É tamén usada coma remedio nas flores de Bach. Por vía externa utilizada contra as úlceras das pernas. Por ser tóxica deixou de se usar. Principios activos Contén protoanemonina. Saponósidos derivados do ácido oleanólico e da hederaxenina. Outras fontes: clementina, clemetitol, caulosaponina, fitosterol, ácidos, alcois, resina, estigmasterina.
Indicacións a protoanemonina conférelle unha potente acción como rubefaciente e analxésico. Indicado para inflamacións osteoarticulares, neuralxias. En forma de pomada é revulsivo e antálxico en numerosas doenzas. O zume introducido nos buracos do nariz produce alivio nas hemicranias, mais pode destruír a mucosa.
Pode producir dermatite de contacto. O zume das follas ten unha acción vesicante, e incluso pode producir ulceracións. A protoanemonina absórbese tamén por vía cutánea, polo que poden producirse fenómenos de intoxicación xeneralizados. Se se inxire provoca gastroenterite con diarreas, náuseas, lesión renal e incluso a morte por parálise respiratoria. thumb|250px|Froito. thumb|Sementes.
Taxonomía Clematis vitalba foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 544, no ano 1753. en Trópicos Citoloxía Números cromosomáticos de Clematis vitalba (Fam. Ranunculaceae) e táxones infraespecificos: 2n=16Números cromosomáticos de plantas occidentales, 261-269. Ruíz de Clavijo Jiménez, E. & C. Galán Soldevilla. Anales Jard. Bot. Madrid 40(2): 445-450 (1984). Etimoloxía Clematis: nome xenérico que provén do grego antigo klɛmətis. (klématis) "planta que gabea".
vitalba: epíteto latino que significa "de cor viño branco".En Epítetos Botánicos
Sinonimia Anemone vitalba (L.) K.Krause Clematis bannatica Schur Clematis bellojocensis Gand. Clematis crenata Jord. Clematis dumosa Salisb. Clematis dumosa Gand. Clematis odontophylla Gand. Clematis pilosa Dulac Clematis scandens Borkh. Clematis sepium Lam. Clematis taurica Besser ex Nyman Clematis transiens Gand. Clematitis vitalba (L.) Moench Viorna clematitis Garsault en PlantList Nome común Galego: clemátide; herba doncela; herba do pobre; omiña; herba dos esmoleirosNomes vulgares en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 e Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009, cangroia (non confundir esta última coa especie chamada normalmente pervinca ou herba da envexa: Vinca difformis)Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Flora of North America Editorial Committee, e. 1997. Magnoliidae and Hamamelidae. 3: i–xxiii, 1–590. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York. Hitchcock, C. L., A. Cronquist, M. Ownbey & J. W. Thompson. 1984. Salicaceae to Saxifragaceae. Part II. 597 pp. In Vasc. Pl. Pacific N.W.. University of Washington Press, Seattle.
Categoría:Clematis Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas rubideiras Categoría:Rubideiras de Galicia Categoría:Flora de Europa