A eparquía de Amur é unha sé da Igrexa Ortodoxa Rusa, parte da metrópole de Priamursk.

Territorio A eparquía ten xurisdición sobre os raions de Vanino, Verkhnebureinsk, Komsomolsk, imeni Poliny Osipenko, Solnechnyi e Ulch, no krai de Khabarovsk, en Rusia. A sé eparquial está na cidade de Komsomolsk-na-Amure. O territorio está dividido en 16 parroquias. Historia Foi estabelecida por decisión do Sínodo da Igrexa Ortodoxa Rusa o 5 de outubro de 2011, en terreos da eparquía de Khabarovsk. O mesmo día, pasou a formar parte da metrópole de Priamursk.

Episcopoloxio Nikolai Ashimov (29 de xaneiro de 2012 - actualidade)

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial Perfil na páxina web da Igrexa Ortodoxa Rusa

Categoría:Divisións territoriais ortodoxas en Rusia Categoría:Divisións territoriais da Igrexa ortodoxa rusa Categoría:Eparquías ortodoxas