O pereion ou pereón é un tagma ou rexión do corpo dos crustáceos, que está formado polo conxunto de toracómeros (segmentos do tórax) libres, non fusionados coa cabeza.Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid. ISBN 0-87893-097-3.Crustacea Glossary Natural History Museum of Los Angeles County. .

Etimoloxía Pereion é un termo do latín científico tirado do grego antigo περαιων pereiôn, "que atravesa", derivado de περαιόω pereióō "atravesar", "facer pasar".

Estrutura miniatura|Esquema do corpo dun malacostráceo con todos os segmentos torácicos libres, de modo que o tórax e o pereion son equivalentes.|330px

Os metámeros ou segmentos que integran o pereion reciben o nome de pereionitos ou pereiómeros, e os seus apéndices denomínanse pereiópodos, isto é, "patas do pereion".De pereio- e -podo do grego πούς, ποδός poús, podós "pé".

Os termos pereion e tórax son similares, pero poden non ser equivalentes en todos os casos porque os primeiros segmentos torácicos teñen tendencia a fusionarse coa cabeza, formando o cefalotórax; así, o termo pereion resérvase para o conxunto de segmentos libres.

Por exemplo, os malacostráceos teñen un tórax formado por 8 segmentos ou toracómeros, dos cales 0, 1, 2 ou 3 fusiónanse coa cabeza e os seus apéndices respectivos transfórmanse en maxilípedos (patas con funcións tróficas). Así, a pesar de que todos os malacostráceos teñen 8 segmentos torácicos, o seu pereion pode ter 8, 7, 6 ou 5 segmentos ou pereionitos.

Notas

Categoría:Crustáceos Categoría:Termos zoolóxicos