Maquinaria y Elementos de Transporte foi un fabricante español de automóbiles con sede en Barcelona, tamén coñecida como Maquitrans ou pola abreviatura MT.

Historia da compañía

Durante os anos 1940 constituíuse esta empresa, filial de Tranvías de Barcelona, cuxa principal dedicación era a de adaptar antigos autobuses para o seu uso como trolebúses, para esquivar a escaseza de combustibles trala guerra civil española. A empresa Maquinaria y Elementos de Transporte, coñecida como MT, localizábase na rúa Luchana en Barcelona, a principios dos anos 1950, cando empezou a fabricar scooters e uns motocarros vendidos como motriciclos. En 1957 comezou coa produción de automóbiles, pero no mesmo ano detivo a produción, polo que tan só producíronse uns poucos exemplares.

O único modelo de automóbil foi un triciclo motorizado baseado no mesmo chasis que os motocarros, pero ao que se lle substituíu o guiador por un volante. A carrozaría estaba aberta e provía de espazo suficiente para dúas persoas. Montaba un motor traseiro de fabricación propia dun só cilindro con 175 cc e 6´9 cv a 4500 rpm con arranque eléctrico, o motor se montaba diante da única roda traseira cun deseño de motor central. Tiña rodas de 3´50 x 10, freos hidráulicos diante e mecánico atrás. Alcanzaba os 67 km/hora.

Un primeiro prototipo conservouse ata os nosos días, o que se pode ver na imaxe do artigo. Foi tomado como base para o modelo definitivo, tras engadir un carenado completo na zona traseira do motor, quedando toda a mecánica oculta. Do modelo definitivo fabricáronse unhas 20 unidades, das que só se ten constancia que sobreviva un único exemplar.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Walter Zeichner: Kleinwagen International, Motorbuch-Verlag, Stuttgart 1999, ISBN 3-613-01959-0

Categoría:Fabricantes de automóbiles de España Categoría:Empresas de Cataluña