Adiante foi unha revista editada pola Confederación Xeral de Traballadores Galegos entre 1987 e 1993.

Historia e características Apareceu en maio de 1987. Revista con contidos políticos e literarios, estaba dirixida por Margarita Ledo Andión e no consello de redacción figuraban Fernando Acuña, Luís Burgos, Alberto Fernández Campo, Francisco Sebio e Xosé Manuel García Crego. Entre os colaboradores da sección literaria figuraron Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Ramón Mariño Ferro, Manuel Outeiriño, Úrsula Heinze, Gonzalo Navaza e Suso de Toro. Publicáronse 58 números, desapareceu en decembro de 1993.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas Adiante en formato dixital

Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:1987 en Galicia