Espartaco foi un periódico editado en Ourense entre 1935 e 1936.

Historia e características Subtitulado Periódico antiguerrero y antifascista, apareceu o 15 de decembro de 1935.El País, 18-12-1935, p. 1. Periódico semanal, que logo pasou a quincenal, de tendencia comunista, dirixido por Severino Nóvoa Gutiérrez.El Compostelano, 13-10-1937, p. 2. Editado na imprenta de La Región. No periódico colaboraban xunto cos antigos trotskistas, mozos socialistas e comunistas, e membros das Mocedades Galeguistas, como Armando Fernández Mazas, Mario Fernández Mazas, Luís Taboada Camoeiras, Amadeo Varela Rodríguez, Eduardo Villot Canal e José Luís López Cid.

Foi multado polo Goberno civil en marzo de 1936El Pueblo Gallego, 18-3-1936, p. 12, informa dunha multa do Gobernador civil ao semanario Espartaco por inxurias ao Exército e á Garda civil. e novamente en maio, por non respectar a censura.El Pueblo Gallego, 6-5-1936, p. 12. Cesou a súa publicación en xullo de 1936.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense Ligazóns externas Simón Lorda, David (4/2/2021). "Espartaco, periódico antiguerrero y antifascista (Ourense, 1935-1936)" Diario de un médico de guardia .

Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:Xornais de España desaparecidos Categoría:1935 en Galicia