Xosé Luís López Cid, nado en Ourense en 1916 e finado en Bueu o 4 de agosto de 1992,La Voz de Galicia, 6-8-1992, p. 49. foi un profesor e escritor galego.

Traxectoria Colaborou na revista Espartaco. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de Lingua e Literatura Española no Colexio Cardenal Cisneros e despois no Instituto das Lagoas. Amigo de Vicente Risco e José Ángel Valente, estivo vencellado ao Ateneo, á Alianza Francesa e á revista do Instituto das Lagoas Trebo, que fundou e dirixiu desde 1982.

Obras En galego Escribiu relatos breves como "O cazador de paxaros" (Vieiros, 1965). Eilbrief (premio do I Concurso de obras teatrais de Abrente). Os cazadores de dotes, Posío, 1954.

En castelán Historias de Finisterre, 1947. Los años del potro, 1949. Crisópolis, 1956 (premio Ateneo de Madrid 1956). El descielo, 1957. Edipo abandonado y otras farsas, Deputación de Ourense, 1992. El descielo y otras historias, 1996. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría: Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría: Escritores de Galicia Categoría: Nados en Ourense Categoría: Nados en 1916 Categoría: Finados en 1992 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes