Oncorhynchus é un xénero de peixes osteíctios da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos e subfamilia dos salmoninos, distribuídos polo norte do océano Pacífico, con algunha especie no golfo de México.Nelson, J. S. (2006).
Son peixes anádromos, que se desenvolven no mar e remontan os ríos para desovar, con moi poucas excepcións.Page, L. M. & B. M. Burr (1991): A field guide to freshwater fishes of North America north of Mexico. Boston: Houghton Mifflin Company.
O xénero comprende numerosas especies, entre as que destacan o salmón real e a troita arco da vella.
Características As especies deste xénero son moi similares ás do xénero Salmo, con corpo hidrodinámico, boca con dentes robustos de depredador e escamas pequenas. A aleta caudal presenta sempre manchas escuras (nunca nas do Salmo).Oncorhynchus en Ittiofauna .
Distribución e hábitat As especies deste xénero están difundidas no océano Pacífico setentrional e nas augas doces dos ríos tributarios do Pacífico de Asia e do norte da América setentrional.
Algunhas especies, como a troita arco da vella (O. mykiss), foron introducidas en moitas partes do mundo con características climáticas e ambientais idóneas, ás veces en prexuízo da íctiofauna autóctona.
Son peixes de augas frías e temperado-frías, e hai especies que pasan toda a súa vida en auga doce, e especies anádromas.
Reprodución miniatura|Oncorhynchus nerka femia (arriba) e macho (abaixo) na época da reprodución.Nótense as mandíbulas ganchudas do macho. miniatura|Oncorhynchus nerka macho, fóra da época de reprodución. miniatura|Oncorhynchus clarki. miniatura|Oncorhynchus keta. miniatura|Oncorhynchus kisutch.
Durante a época da reprodución mostran un forte dimorfismo sexual e, a miúdo, unha coloración moi viva.
As especies anádromas morren despois de reproducírense.
Taxonomía O xénero foi descrito en 1861 polo naturalista estadounidense George Suckley (1830–1869).Oncorhynchus Suckley, 1861 no WoRMS.
O nome do xénero deriva do grego antigo ὅγκος ónkos, "gancho", e ῥύγχος rhýnchos, "fociño", en referencia ás fauces ganchudas dos machos na temporada de apareamento.
Especies Como en todos os salmónidos, a taxonomía das especies de cada xénero é moi controvertida. Algunhas das especies de Oncorhynchus son moi variábeis, e describíronse un bo número de taxa hoxe obsoletos. En 1989, estudos morfolóxicos e xenéticos realizados por Gerald Smith e Ralph Stearley indican que as troitas da conca do Pacífico son xeneticamente máis próximas ao salmón do Pacífico que a Salmo trutta ou ao salmón do Atlántico (Salmo salar) da conca do Atlántico.
Así, en 1989, as autoridades taxonómicas cambiaron á troita arco iris e a outras troitas da conca do Pacífico ao xénero Oncorhynchus. Na actualidade recoñécense 12 especies e numerosas subespecies neste xénero:Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Oncorhynchus en FishBase. Versión de febreiro de 2012.
Oncorhynchus apache (R. R. Miller, 1972) Oncorhynchus chrysogaster (Needham & Gard, 1964) Oncorhynchus clarkii (J. Richardson, 1836) Oncorhynchus gilae (R. R. Miller, 1950) Oncorhynchus gorbuscha (Walbaum, 1792) Oncorhynchus kawamurae (D. S. Jordan & E. A. McGregor, 1925) Oncorhynchus keta (Walbaum, 1792) Oncorhynchus kisutch (Walbaum, 1792) - Salmón prateado. Oncorhynchus masou (Brevoort, 1856) Oncorhynchus mykiss (Walbaum, 1792) - Troita arco da vella.Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000), p. 60. Oncorhynchus nerka (Walbaum, 1792) Oncorhynchus tshawytscha (Walbaum, 1792) - Salmón real.
Porén, o World Register of Marine Species só admite sete:
Oncorhynchus gorbuscha (Walbaum, 1792) Oncorhynchus keta (Walbaum, 1792) Oncorhynchus kisutch (Walbaum, 1792) Oncorhynchus mykiss (Walbaum, 1792) Oncorhynchus nerka (Walbaum, 1792) Oncorhynchus rhodurus Jordan & McGregor, 1925 Oncorhynchus tshawytscha (Walbaum, 1792)
Nota: Para outras clasificacións véxanse as bases de datos indicadas nas ligazóns externas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Eschmeyer, W. N. (ed.) (2014): Catalog of fishes: Genera, Species, References. California Academy of Sciences, department Ichtyology. Esteve, Manu (2005): "Observations of spawnig behaviour in Salmoninae: Salmo, Oncorhynchs and Salvelinus". Reviews in Fish Biology and Fischeries 15: 1-21. Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2008): Salmoniformes en FishBase. Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World. Cuarta ed. Nova York: John Wiley and Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Sepkoski, Jack (2002): "Osteichthyes", en "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletin of American Paleontology 364: 560. HTML texto completo van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. ISBN 2-85653-538-0.
Outros artigos Salmónidos Salmoninos
Ligazóns externas Oncorhynchus en Fauna Europaea. Oncorhynchus no SIIT. Oncorhynchus en ADW. Oncorhynchus no NCBI.
Categoría:Oncorhynchus