Faustino Liste Forján, nado en Calo (Teo) o 18 de marzo de 1911 e finado en Santiago de Compostela o 12 de setembro de 1936, foi un canteiro e sindicalista galego.

Traxectoria Irmán de Constante e Enrique Líster. Foi presidente do Sindicato de Oficios Varios de Teo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión o 7 de setembro con José Pose Miguens, José Tourís Castro, Serafín Mariño Santos, Daniel Caamaño Eiras e Luis García Abella, acusados de ser os autores do asalto ao tren en Osebe nas datas do golpe de Estado,El Eco de Santiago, 7-9-1936, p. 3.El Ideal Gallego, 8-9-1936, p. 5. foi condenado a pena de morte e executado en Compostela con Xoán Xesús González, José Pose, José Tourís e Serafín Mariño o 12 de setembro de 1936.El Eco de Santiago, 12-9-1936, p. 2.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Xenealoxía Enrique Lister (militar)

Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Teo Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos