O castelo de Sarracín ("Castrum Sarracenicum") é unha fortaleza situada sobre un picacho na faldra do monte da Vilela (Villaus), no concello da Veiga de Valcarce (provincia de León). Foi declarada Ben de Interese Cultural o 22 de abril de 1949.
Historia Existen varias teorías sobre a construción do castelo. Probablemente fose construído durante o Reinado de Ordoño I, polo seu fillo, o Conde Gatón, dándolle o nome do seu fillo Sarracino Gatónez, Señor de Sarracín, Conde do Bierzo e de Astorga,Título herdado do seu pai, Conde Gatón cara ao ano 850. Outra teoría é que fose edificado polo propio Sarracino, o que situaría a súa edificación no intervalo 852-885.
O castelo inicial, ao parecer, foi arrasado polo gobernador do Califato Omeia, Musa no ano 714. A súa reconstrución debeuse de iniciar a finais do século IX., tras a reconquista.
O monte da Vilela aparece mencionado no Codex Calixtinus:
O castelo está a ser restaurado pola Xunta de Castela e León"La consolidación de la muralla inicia los trabajos de restauración del Castillo de Sarracín esta primavera""Cirugía de urgencia para el castillo de Sarracín".
Notas
Véxase tamén Bibliografía Castillos de España (volumen II). VV.AA., 1997. ISBN 84-402-0244-X (Pxs. 1.022-1.023). Ligazóns externas Vegadevalcarce.com
Sarracin Categoría:Provincia de León