Markus Alexej "Notch" Persson, nado o 1 de xuño de 1979, é un deseñador e programador de videoxogos sueco. Persson é coñecido por ser o dono de Mojang, a compañía de videoxogos que fundou xunto con Carl Manneh e Jakob Porser a finais de 2010. En setembro de 2014 anunciou publicamente que abandonaría Mojang despois de que esta fose mercada por Microsoft. A súa principal motivación para fundar Mojang foi Minecraft, un xogo de tipo "mundo aberto" en primeira persoa que gañou popularidade e apoio dende que apareceu a súa demo en 2009. Dende o lanzamento de Minecraft, Persson gañou unha significante notoriedade na industria do videoxogo, conseguindo varios premios e estableendo relacións coas principais figuras deste mundo. Persson retivo a súa posición como principal deseñador do Minecraft ata o lanzamento oficial do xogo en 2011, cando Jens Bergensten converteuse na principal autoridade creativa.

Notas

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Empresarios de Suecia Categoría:Programadores de videoxogos