Roger Vladimir Plemiannikov,En ocasións escrito "Plemianikoff". nado en París o 26 de xaneiro de 1928 e finado na mesma cidade o 11 de febreiro de 2000 foi un director e produtor de cinema francés, coñecido como Roger Vadim.
Traxectoria Naceu en París, fillo de Igor Nikolaevich Plemiannikov, ruso branco oficial militar e pianista que emigrara desde Ucraína e se nacionalizara francés, sendo vicecónsul de Francia en Alexandría (Exipto). A súa nai, Marie-Antoinette Ardilouze era unha actriz francesa. Aínda que Vadim viviu con luxos nos seus primeiros anos, a morte de seu pai provocou que a familia volvese a Francia, onde a súa nai atopou traballo nun albergue dos Alpes que funcionaba como estación de camiño para xudeus e outros fuxitivo que fuxían do nazismo.
Vadim estudou xornalismo e escritura na Universidade de París, sen chegar a graduarse. Aos dezanove anos converteuse en axudante do director Marc Allégret, a quen coñecera mentres traballaba no teatro Theatre Sarah Bernhardt, e para o que traballara en varios guións. Ademais de traballar no teatro e no cinema, Vadim escribiu varios libros, incluíndo a autobiografía D'une étoile à l'autre.
Vadim casou cinco veces, con Brigitte Bardot, Annette Stroyberg (nai de Nathalie), Jane Fonda (nai de Vanessa), Catherine Schneider (nai de Vania) e Marie-Christine Barrault. Fóra dos seus matrimonios tivo relacións coa actriz Catherine Deneuve (coa que tivo un fillo, Christian Vadim), a guionista Ann Biderman, e a actriz Cindy Pickett. A filla máis vella de Vadim, Nathalie, díxolle á biógrafa Patricia Bosworth: "Jane foi o amor da súa vida para o meu pai".
Vadim finou de cancro aos setenta e dous anos, sendo sobrevivido pola súa viúva e os seus catro fillos. As súas ex-mulleres, Bardot, Fonda, Schneider e Stroyberg asistiron ao seu funeral.
Filmografía En Effeuillant la Marguerite (1956) Et Dieu… créa la femme (1956) Sait-on jamais? (1957) Sois belle et tais-toi (1957) Les Bijoutiers du Clair de Lune (1958) Les liaisons dangereuses (1959) Et mourir de plaisir (1960) La Bride sur le cou (1961) Les Sept péchés capitaux (1962) Les Parisiennes (1962) Le Repos du guerrier (1962) Un château en Suède (1963) Le vice et la vertu (1963) La Ronde (1964) La Curée (1966) Histoires extraordinaires (1968) Barbarella (1968) Pretty Maids All in a Row (1971) Hellé (1972) Don Juan ou Si Don Juan était une femme (1973) La jeune fille Assassinée (1974) Une femme fidèle (1976) Bonheur, impair et passe (1977) Jeux de Nuit (1980) The Hot Touch (1981) Surprise Party (1983) Faerie Tale Theatre (1984 TV, episodio "Beauty and the Beast") The Hitchhiker (1986 TV, capítulo "Dead Man's Curve") And God Created Woman (1988) Safari (1991, telefilme) Amour fou (1993, telefilme) La Nouvelle tribu (1996, miniserie) Mon père avait raison (1996, telefilme) Un coup de baguette magique (1997, telefilme)
Notas
Véxase tamén Bibliografía Vadim, Roger. Bardot, Deneuve, Fonda: My Life With The Three Most Beautiful Women In The World (1986), Simon & Schuster (ISBN 0-671-53007-0/ISBN 978-0-671-53007-5) Ligazóns externas
Roger Vadim en Find A Granve
Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2000