Non confundir con Cruz Martínez Esteruelas (1932-2000), político español.

Cruz Martínez Vilas, nada na Armenteira (Meis) o 7 de febreiro de 1960, é unha escritora galega.

Traxectoria Fundadora do grupo A porta verde do sétimo andar, 2005. Penúltimo Acto, 2010. Trisquel-Art, 2012. Pertence á Asociación Cultural O Castro de Vigo. Forma parte do consello editorial de Círculo Edições.

Obra Poesía Espelho de mim mesma (2014). Círculo Edições. Xerografia em branco e negro (2014). Porto: Corpos Editora. Stand by, num estado de emergência (2015). Porto: Poesia fã Clube. Chat (2023). A Coruña: Medulia. 64 páxs. ISBN 978-84-19438-40-9.

Narrativa

Formigas vermelhas soterram-se no açucareiro (2021). Chiado Editora. ISBN 978-989-37-0360-1. Uns aventureiros muito brutos (2022). A Coruña: Medulia. 66 páxs. ISBN 978-84-124948-9-1.

Obras colectivas A porta verde do sétimo andar, 2007, A porta verde do sétimo andar. XXII Festival de Poesia do Condado: Galiza non se vende!!!, 2008, S. C. D. Condado. Premios Terras de Chamoso. I. II e III, 2007-2009. Acción poética, 2010, Penúltimo Acto - Acción Poética. Mulheres entre poesia e luita, 2011. VIII Certame Literario Concello de Ames, 2011. 18, 2011, Penúltimo Acto - Acción Poética. Encontros Mar, 2012, Aveiro. Colectânea de Poesia, 2013, Porto. Meis é poesía, 2013. Versos no Olimpo, 2013, Toxosoutos. Versus cianuro, 2013, A. C. Caldeirón. Alén do silencio, 2014. Un libro de libros, 2014. Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.

Premios Primeiro premio no XXII Certame Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) no 2008, por Amante tocada pola antropofaxia. Segundo premio no I Certame Terras de Chamoso no 2008, por Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante. Mención de Honra "Concurso Internacional de Cuento breve y Poesía". Homenaxe a Manuel Curros Enríquez da Casa galega de Bos Aires (Arxentina) no 2008, polo poema Tallo de pedra pendurado na memoria. Segundo premio no XXIII Certame Feliciano Rolán no 2009, por Se cadra, son pequena de máis. Segundo premio no III Certame de Poesía Mulleres do noso tempo no 2010, por A palabra xurdiu da dislalia. Segundo premio no VIII Certame Literario Concello de Ames no 2011, por Atraídos por un choque de feromonas. Primeiro premio no XXVI Certame Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) no 2012, por Contemplo o proceso inevitábel da despedida. Segundo premio do I Certame Literario de poesía e relato curto Xosé Neira Vilas no 2012, por A coleccionista de cicatrices. Primeiro premio no II Certame de Poesía Manuel María da Casa Galega de Guipúscoa no 2014, por O lánguido ocaso dunha dalia.

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía en Círculo Edições Blog da autora Sección da Autora en Sermos Galiza

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Meis Categoría:Nados en 1960