A dos suínos (Suina), ou dos suiformes,O sinónimo suiformes quedou obsoleto; entre outras cousas, porque os autores antigos incluían nesta suborde tamén á familia dos hipopotámidos. é unha suborde de mamíferos artiodáctilos que inclúe os porcos (en sentido amplo) e os pecarís.

Anatomía miniatura|esquerda|240px|Esqueleto dun porco bravo (Sus scrofa). A anatomía dos suinos é diferente da doutros artiodáctilos. Por exemplo, teñen dentes no seu maxilar superior, o cal lles permite mastigar adecuadamente a comida.

Polo contrario, outros artiodáctilos como as vacas, as cabras e os cervos, posúen dentes frontais só no maxilar inferior, o que non lles permite mastigar adecuadamente, polo que tragan e, dcespois, regurxitan a comida para permitir a rumia.

Moitos artiodáctilos posúen un estómago de catro cámaras (os ruminantes), e outros en tres (os tilópodos). En cambio os suinos teñen un estómago simple que lles permite dixsdriri unha dieta omnívora.

Como outros artiodáctilos, os Suina posúen pezuños nos seus dedos.

Aínda que moitos artiodáctilos teñen as patas longas e delgadas, as dos membros deste grupo son curtas e robustas.

Filoxenia miniatura|250px|Cladograma mostrando a posición dos Suinamorpha.

A suborde dos Suina comprende as familias dos súidos (Suidae), os porcos, e dos taiasúidos (Tayassuidae), os pecarís.

Algúns estudos morfolóxicos antigos tamén situaron aos hipopótamos (familia Hippopotamidae) entre os Suina.

Así mesmo, os oreodontes (Merycoidodontidae), unha rama dos tilópodos, foron frecuentemente considerados como suínos debido á súa descrición popular, aínda que incorrecta, de "porcos ruminantes". Os oreodontes non son suínos; de feito, eran parentes achegados dos camelos. De maneira similar, os entelodontes foron clasificados durante moito tempo como membros dos Suina. Spaulding et al., porén, determinaron que estaban máis emparentados coas balenas que cos porcos, no seu clado cetancodontamorfos (Cetancodontamorpha).Spaulding, M.; O'Leary, M. A. & Galesy, J. (2009): "Relationshirops of Cetacea (Artiodactyla) Among Mammals: Increased Taxon Sampling Alters Interpretations of Key Fossils and Character" Evolution 4 (9): e7062.

Os hipopótamos, como xa se mencionou, tamén foron considerados como parte de Suina, pero un crecente corpo de evidencias morfolóxicas e xenéticas suxeriron que comparten un antepasado común non cos suínos, senón coa orde dos cetáceos. Hoxe, os cetáceos e os artiodáctilos forman un clado chamado cetartiodácilos (Cetartiodactyla).Boisserie, Jean-Renaud; Fabrice Lihoreau & Michel Brunet (2005): "The position of Hippopotamidae within Cetartiodactyla" Proceedings of the National Academy of Sciences 102 (5): 1537–1541.

Cladograma

As máis recentes investigacións sobre as orixes dos hipopótamos suxiren que estes e as baleas compartiron un hipotético antepasado semiacuático común, que se separou doutros artiodáctilos hai cerca de 60 millóns de anos.Gatesy, J. (1997):"More DNA support for a Cetacea/Hippopotamidae clade: the blood-clotting protein gene gamma-fibrinogen" Molecular Biology and Evolution 14 (5): 537–543. Os descendentes deste antepasado hipotético probabelmente diverxerion en dúas ramas hai cerca de 54 millóns de anos.Ursing, B. M. & U. Arnason (1998): "Analyses of mitochondrial genomes strongly support a hippopotamus-whale clade" Proceedings of the Royal Society 265 (1412): 2251-2255. Resumo Unha rama tería evolucionado dando lugas aos cetáceos, posibelmente iniciando esta evolución coa protobalea Pakicetus, hai uns 52 millóns de anos, así como outras baleas primitivas coñecidas como arqueocetos (Archaeoceti), as cales derivarían finalmete nos cetáceos acuáticos da actualidade.

Clasificación Segundo o NCBI: Infraclase Eutheria Superorde Laurasiatheria Orde Cetartiodactyla Suborde Suina Familia Suidae - porcos Xénero Babyrousa Xénero Phacochoerus Xénero Porcula Xénero Potamochoerus Xénero Sus Familia Tayassuidae Xénero Catagonus Xénero Pecari Xénero Tayassu

Segundo outras fontes: Suborde Suiformes Familia Tayassuidae (taiasúidos) Xénero Tayassu - (pecarís) Familia Suidae (súidos) Subfamilia Babyrousinae babirusinos Xénero Babyrousa - (babirusa) Subfamilia Phacochoerinae (facocerinos) Xénero Phacochoerus - facócero Subfamilia Suinae suininos Xénero Hylochoerus - (hilócero) Xénero Potamochoerus (potamóceros) Xénero Sus - (porco doméstico e xabaril)

Os taxa intermedios arriba citados non son recoñecidos por Mammal Species of the World,Artiodactyla en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors) (2005). nin polo SIIT,Artiodactyla no SIIT. que sitúan as familias directamente baixo os artiodáctilos: Orde Artiodactyla Tayassuidae Catagonus Tayassu Pecari Suidae Babyrousinae Babyrousa Phacochoerinae Phacochoerus Suinae Hylochoerus Potamochoerus Sus

Notas

Véxase tamén

Bibliografía D'Ancona, Humberto (1972): Tratado de Zoología. Tomo II. Zoología especial. 4ª ed. Barcelona: Editorial Labor, S. A., p. 985. Grassé, P.-P. (1980): Zoología. Tomo 4. Vertebrados. Reproducción, biología, evolución y sistemática. Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0270-5, pp. 204–206. Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3. Nielsen, K. (2001): Animal Evolution: Interrelationships of the Living Phyla. 2nd edition. Oxford University Press. ISBN 0-19-850682-1. Price, S. A.; O. R. P. Bininda-Emonds & J. L. Gittleman (2005): "A complete phylogeny of the whales, dolphins and even-toed hoofed mammals (Cetartiodactyla)". Biological Review 80 (3): 445-473. Resumo. Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World. Third edition. Baltimore, Maryland, EE.UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Cetartiodáctilos Ruminantes Tilópodos Mesoniquios

Ligazóns externas Condylarths: Archaic hoofed mammals en Paleocene Mammals Order Cetartiodactyla en UltimateUngulate

Categoría:Artiodáctilos