"Smooth Criminal" é o sétimo sinxelo do álbum de Michael Jackson Bad. Foi lanzado como sinxelo o 24 de outubro de 1988, e acadou o número 7 na Billboard Hot 100. Foi relanzado o 10 de abril de 2006 como parte de Visionary: The Video Singles.
A canción é unhas das máis distintivas de Jackson, e ten aparecido en moitos álbums de éxitos, como Number Ones, The Essential Michael Jackson, Michael Jackson: The Ultimate Collection, King of Pop, This Is It e Immortal.
Tamén serviu como tema principal do filme de Jackson Moonwalker (1988). Vendeu arredor de 7,5 millóns de copias en todo o mundo.
Notas
Categoría:Sinxelos de 1987 Categoría:Sinxelos de 1988 Categoría:Sinxelos de 2001 Categoría:Cancións de Michael Jackson