"Who Is It" é unha canción do artista estadounidense Michael Jackson. "Who Is It" foi lanzada por Epic Records o 31 de agosto de 1992, como o quinto sinxelo do oitavo álbum de Jackson, Dangerous en 1991. A canción foi escrita e composta por Jackson, e producida por Jackson e Bill Bottrell. A letra trata a desesperación de ser deixado por alguén que amas; polo cal algúns críticos comparárona coa letra doutra canción de Jackson, "Billie Jean", do álbum Thriller. Como parte da promoción da canción, foron estreados dous vídeos musicais en 1992. A canción non foi interpretada por Jackson en ningunha das súas de concertos mundiais. Porén, interpretou un pequeno anaco da canción na súa entrevista con Oprah Winfrey a comezos de 1993.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sinxelos de 1992 Categoría:Cancións de Michael Jackson