Le Pavillon d'Armide é un ballet nun acto e tres escenas coreografado por Michel Fokine e con música de Nikolai Tcherepnin sobre un libreto de Alexandre Benois inspirado na novela de Théophile Gautier Omphale.

Historia esquerda|miniatura|Vatslav Nizhinskii e Pavlova, 1909.

Estrea en San Petersburgo A obra foi presentada por primeira vez o 25 de novembro de 1907 no Teatro Mariinskii de San Petersburgo, con escenografía e vestiario de Alexandre Benois. Os bailaríns principais foron Anna Pavlova no papel de Armida, Vatslav Nizhinskii como o seu escravo, e Pavel Gerdt como Vicomte René de Beaugency.

Estrea en París O 19 de maio de 1909, o ballet foi presentado polos Ballets Russes de Sergei Diagilev no Théâtre du Châtelet de París. O papel de Armida foi bailado por Vera Karalli, o Vicomte de Beaugency por Mikhail Mordkin, e o escravo por Nizhinskii. Le Pavillon d'Armide foi o primeiro ballet presentado na capital francesa por Diagilev, e o seu éxito debeuse en parte ao tema francés. A tempada 1909 tamén incluíu obras baseadas no folclore ruso que tamén conseguiu a aprobación do público.Morrison, Simon. "The 'World of Art' and Music," in [Mir iskusstva]: Russia's Age of Elegance. (Omaha, Minneapolis, and Princeton: Palace Editions, 2005), p. 39.

A parte de Armida foi tamén interpretada por Tamara Karsavina en 1912.

Unha versión do ballet foi creada en 2009 por John Neumeier e forma parte dun tríptico de obras que adicou á figura de Nizhinskii

Argumento Le Pavillón d'Armide é unha homenaxe ao século XVIII francés. Durante unha treboada, o vizconde de Beaugency refuxiouse nun misterioso castelo. Pasa a noite nunha estancia na que é extrañamente atraído por un tapiz de Armida. Queda durmido e soña que está namorado dela, e cando pola mañá esperta e volve á realidade, descobre que sostén unha folla de Armida nas súas mans.

Estrutura O ballet de Tcherepnin está formado polos seguintes números:

L'introduction et scène première Courantes. Danse des heures La scène d'animation du Gobelin La plainte d'Armide Scène: Grand pas d'action (adagio) Grande valse noble Variation - Allegro - Moderato tranquillo - Vivace - Grave. Maestoso e molto sostenuto Danse des gamins Danse des confidentes Bacchus et les bacchantes Danse des ombres Danse des bouffons Pas d'écharpe Pas de deux Grande valse finale

A variación que figura co número 7 non está incluído no Grand pas de Paquita.

Notas

Categoría:Producións dos Ballets Russes