William Joseph James "Doc" Carson, nado o 25 de novembro de 1900 en Bracebridge (Ontario, Canadá) e finado o 29 de maio de 1967 en Parry Sound (Ontario, Canadá), foi un xogador profesional de hóckey sobre xeo que xogou 159 partidos na National Hockey League (NHL), primeiro con Toronto St. Patricks (logo denominados Toronto Maple Leafs) e posteriormente nos Boston Bruins.

Bill foi un dos tres irmáns Carson que xogaron na NHL, xunto cos seus irmáns máis novos Gerry (Montreal Canadiens, New York Rangers e Montreal Maroons) e Frank (Montreal Maroons, New York Americans, Detroit Falcons -posteriormente Detroit Red Wings-).

Traxectoria Bill Carson naceu en Bracebridge en 1900. O desexo de Carson era converterse en dentista, que se materializaría en 1920 cando ingresou na Universidade de Toronto, onde se fixo un nome no seu equipo de hóckey sobre xeo, axudándoo a conseguir a vitoria na Allan Cup en 1921.

Carson permaneceu na Ontario Hockey Association (OHA) mentres finalizaba os seus estudos, e despois de ter xogado un ano nos Peach Kings de Grimsby e dúas nos Stratford Indians (conseguindo na tempada 1924-25 un total de 29 goles e 8 asistencias en 20 partidos), Carson asinou polos Toronto St. Patricks da National Hockey League (NHL) en 1926. Mike Rodden, director e adestrador do equipo de Toronto, puxo moitas esperanzas e confianza en Carson. Cando os "Pats" se converteron nos Maple Leafs en 1927, unha actuación estelar de Carson converteuno no favorito do público. Carson tamén pasaría á historia como un dos membros fundadores dos novos Maple Leafs, e pénsase que puido ter anotado o primeiro gol na historia da franquía de Ontario.

O 4 de febreiro de 1928, nun partido fronte aos Detroit Cougars durante a súa terceira tempada cos Maple Leafs, Carson foi gravemente lesionado cando durante un partido moi físico, caeu ao xeo nunha acción de contacto, causándolle unha conmoción cerebral e unha fractura de cranio. Aínda que se recuperou e volveu ao xeo, non era o mesmo xogador e o 25 de xaneiro de 1929 foi traspasado aos Boston Bruins.

O investimento dos Bruins pagou a pena cando o equipo gañou a Stanley Cup en 1929 cun gol gañador de Carson no minuto 18:02 do terceiro período no Madison Square Garden de Nova York, poñendo o marcador nun 2-1 a favor dos de Boston, que gañarían a eliminatoria fronte aos Rangers por 2-0. Despois desta vitoria Carson permaneceu unha tempada máis nos Bruins antes de ser traspasado aos London Tecumsehs da International Hockey League (IHL), nos que tan só xogou sete partidos.

Despois do seu breve paso pola IHL retirouse durante dous anos, aínda que tentou volver ao xeo en 1933, cando xogou unha tempada completa cos New Haven Eagles da Canadian American Hockey League, colgando os patíns definitivamente na tempada seguinte. Logo disto Carson regresou ao Canadá para exercer a odontoloxía, primeiro en Aurora, e logo en Parry Sound, onde morrería o 29 de maio de 1967.

En 2003, Bill Carson foi introducido no Bobby Orr Hall of Fame en Parry Sound.

Estatísticas Liga regular Tempada Equipo Liga PX G A Pts PIM1918-19Woodstock AthleticsOHA-jr - — — — -1919-20Universidade de TorontoOHA-sr3617 -1919-20Universidade de TorontoAllan Cup69413 -1920-21Universidade de TorontoOHA-sr1013316 -1920-21Universidade de TorontoAllan Cup814216 -1921-22Universidade de TorontoOHA-sr915318 -1922-23Universidade de TorontoOHA-sr1181018 -1923-24Grimsby Peach KingsOHA-sr - - - - -1923-24Toronto GranitesExhib.59211 -1924-25Stratford IndiansOHA-sr2029837411925-26Stratford IndiansOHA-sr1719322231926–27Toronto St. PatricksNHL4016622411927–28Toronto Maple LeafsNHL3220626361928–29Toronto Maple LeafsNHL247613451928–29Boston BruinsNHL19426101929–30Boston BruinsNHL447411241930–31London TecumsehsIHL701121933–34New Haven EaglesCan-Am3374116 Totais na NHL 159 54 24 78 156

Playoffs Tempada Equipo Liga PX G A Pts PIM1920-21Universidade de TorontoOHA-sr3202 -1924-25Stratford IndiansOHA-sr202231928-29Boston BruinsNHL520281929-30Boston BruinsNHL61016 Totais na NHL 11 3 0 3 14

Premios e recoñecementos Membro do segundo equipo All-Star na OHA (1920, 1922, 1923) Membro do primeiro equipo All-Star na OHA (1921) Campión da Allan Cup (1921) Campión da Stanley Cup (1929)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Bill Carson en Legends of Hockey Bill Carson no Bobby Orr Hall of Fame Bill Carson en The Internet Hockey Database

Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Nados en Ontario Categoría:Xogadores dos Boston Bruins Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo do Canadá