O malaiala ou malabar, tamén chamado malayalam (മലയാളം) é unha lingua falada na India polo pobo malaiala, que habita no estado de Kerala. É unha das 22 linguas oficiais do país, e no 2013 foi designada lingua clásica da India. O malaiala é a lingua oficial de Kerala e dos territorios de Lakshadweep e Puducherry. Pertence á familia de linguas dravídicas, e é falada aproximadamente por 37 millóns de persoas,Nationalencyklopedin "Världens 100 största språk 2007" The World's 100 Largest Languages in 2007 segundo o censo de 2007. Tamén é falado nos estados veciños de Tamil Nadu e Karnataka; con maior presenza nos distritos de Nilgiris, Kanyakumari e Coimbatore no estado de Tamil Nadu, e nos distritos Dakshina Kannada e Kodagu de Karnataka.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en malaiala Bibliografía
Govindankutty, A. "From Proto-Tamil-Malayalam to West Coast Dialects," 1972. Indo-Iranian Journal, Vol. XIV, Nr. 1/2, pp. 52 - 60.
Categoría:Linguas dravídicas Categoría:Linguas da India