Relatos salvajes é un filme hispano-arxentino dirixido e escrito por Damián Szifron que se estreou no 2014. É unha antoloxía de seis curtas de comedia negra e drama que conta cun elenco coral integrado por Ricardo Darín, Oscar Martínez, Leonardo Sbaraglia, Érica Rivas, Rita Cortese, Julieta Zylberberg e Darío Grandinetti. Foi producido por Hugo Sigman a través da produtora Kramer & Sigman Films e coproducida por Agustín Almodóvar e Pedro Almodóvar. Foi seleccionada para a Palma de Ouro na sección principal de competición do Festival de Cannes de 2014, na que foi amplamente aclamada.
Sinopse O filme consta de seis episodios que alternan a intriga, a comedia e a violencia. O seus personaxes veranse empurrados cara ao pracer de perder o control, cruzando a delgada liña que separa a civilización da barbarie.
Personaxes Ricardo Darín como Simón Fisher (episodio Bombita) Óscar Martínez como Mauricio Pereyra Hamilton (episodio La propuesta) Leonardo Sbaraglia como Diego Iturralde (episodio El más fuerte) Érica Rivas como Romina (episodio Hasta que la muerte nos separe) Rita Cortese como Cook (episodio Las ratas) Julieta Zylberberg como Camareira (episodio Las ratas) Darío Grandinetti como Salgado (episodio Pasternak) María Onetto como Helena Pereyra Hamilton (episodio La propuesta) Nancy Dupláa como Victoria Malamud (episodio Bombita) Osmar Núñez como Avogado (episodio La propuesta) César Bordón como Cuenca (episodio Las ratas) Diego Gentile como Ariel (episodio Hasta que la muerte nos separe) María Marull como Isabel (episodio Pasternak) Germán de Silva como Caseiro (episodio La propuesta) Diego Velázquez como Fiscal (episodio La propuesta) Walter Donado como Mario (episodio El más fuerte) Mónica Villa como Profesora Leguizamón (episodio Pasternak)
Galardóns e nomeamentos 2014: Festival de Cannes: Sección oficial longametraxes a concurso. 2014: Festival de San Sebastián: Premio do Público (mellor filme europeo). 2014: Festival de Cine de Saraxevo: Premio do Público.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da Arxentina propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes da Arxentina Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Damián Szifron Categoría:Filmes producidos por Agustín Almodóvar Categoría:Filmes rodados en Buenos Aires Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes sobre terrorismo