Julio Galán y González Carvajal, nado en Avilés (Asturias) o 22 de decembro de 1875 e finado en Oviedo en decembro de 1939 foi un arquitecto que realizou a maior parte da súa obra en Galicia e Asturias.

Traxectoria Estudou arquitectura en Madrid onde se graduou en 1900. O seu primeiro traballo foi como arquitecto municipal en Trujillo, pero ao quedar libre a praza de arquitecto provincial da Coruña trala morte de Faustino Domínguez Coumes-Gay gañou a praza en 1901. Tamén foi arquitecto diocesano de Santiago de Compostela. Na Coruña naceu o seu fillo, o tamén arquitecto Julio Galán Gómez.

En 1911 foi nomeado arquitecto municipal de Oviedo, cargo que ocupou ata 1921. Seguiu residindo na cidade de Oviedo ata a súa morte.

En 1991 o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia creou o Premio de Arquitectura Julio Galán Carvajal.

Obra Galán Carvajal é considerado un dos introdutores do modernismo en Galicia, realizando obras como a Casa Rey e o Pazo de Xustiza da Coruña (sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia). Foi o autor das Casas do Concello de Carballo e Ribeira, derrubadas ambas as dúas na década de 1970. En Asturias deseñou o Círculo Mercantil ou a colonia do Marqués de San Feliz.

Galería

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Arquitectos de España do século XX Categoría:Nados en Avilés Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Arquitectura modernista en Galicia