Bradford James Cox, nado o 15 de maio de 1982 en Marietta, Xeorxia, é un músico estadounidense coñecido por ser o vocalista e guitarrista da anda de indie rock Deerhunter. Tamén ten unha carreira en solitario baixo o alcume de Atlas Sound. Cox formou Deerhunter co batería Moses Archuleta en 2001. O grupo leva publicados seis álbums de estudio xunto con varios sinxelos e EPs. Atlas Sound é un nome que Cox ven usando dende que tiña 10 anos para referirse á súa propia música, aínda que a súa primeira longa produción baixo este nome foi Let the Blind Lead Those Who Can See but Cannot Feel, publicado en 2008. O método de Cox para crear música é o monólogo interior, e non escribe letras de antemán. Realizou a súa estrea como actor no filme de 2013 Dallas Buyers Club.

Categoría:Nados no condado de Cobb, Xeorxia Categoría:Nados en 1982 Categoría:Multiinstrumentistas