Cristóbal Ricardo Montoro Romero, nado en Cambil (Xaén) o 28 de xullo de 1950, é un político español, ministro de Facenda e Administracións públicas entre 2011 e 2018. Entre 2000 e 2004 foi tamén ministro de Facenda no goberno de Aznar, e foi membro do Parlamento Europeo e da Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios.

Biografía En 1973 licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade Autónoma de Madrid, na que en 1981 obtiña o doutoramento. Exercería como profesor axudante primeiro e logo titular, para finalmente obter no ano 1989 a cátedra de Facenda pública na Universidade de Cantabria.

Dende 1993 é elixido deputado por Madrid e en 1999 entrou a formar parte do Comité executivo do Partido Popular a nivel nacional. Dende a chegada do PP ao goberno convértese no home forte de Rodrigo Rato que lle dá o cargo de secretario de Estado de Economía e na VII lexislatura é designado ministro de Facenda.

Tras as eleccións de 2004, nas que chega ao poder o PSOE con maioría simple, cesa no seu cargo e é elixido eurodeputado nas eleccións dese mesmo ano.

En 2008 volve ser elixido deputado por Madrid, ocupando o cargo de voceiro na Comisión de Economía e Facenda ata o seu nomeamento como Ministro o 22 de decembro de 2011.

Na cerimonia habitual no Palacio da Zarzuela tomou posesión pola fórmula do Xuramento como ministro de Facenda e Administracións Públicas do Goberno de España. Imputación O 16 de xullo de 2025 foi imputado polos presuntos delitos de suborno, fraude contra a Administración Pública, prevaricación, tráfico de influencias, corrupción nos negocios, falsidade documental e negociacións prohibidas.

Cargos Deputado por Madrid no Congreso dos Deputados (1993-1996). Secretario de Estado de Economía (1996-2000). Deputado por Xaén no Congreso dos Deputados (2000-2004). Ministro de Facenda (2000-2004). Deputado do Parlamento Europeo (2004-2008). Deputado por Madrid no Congreso dos Deputados (2008-2011). Coordinador de Economía do PP (2008-2012). Deputado por Sevilla no Congreso dos Deputados (Dende 2011). Ministro de Facenda e Administracións Públicas (Dende 2011).

Véxase tamén

Categoría:Políticos de Andalucía Categoría:Políticos do PP Categoría:Ministros do Goberno de España da VII Lexislatura Categoría:Ministros do Goberno de España da XII Lexislatura Categoría:Nados na provincia de Xaén Categoría:Nados en 1950 Categoría:Catedráticos da Universidade de Cantabria Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura)