En medicina preventiva e epidemioloxía, o número (de pacientes) necesario a tratar ou NNT (do inglés, number needed to treat) é o número de doentes que cómpre expor a un factor preventivo ou terapéutico coa fin de evitar un evento patolóxico ou conseguir un evento curativo. É unha medida bioestatística empregada para medir a efectividade dunha intervención sanitaria.

O número ideal de NNT é 1, xa que isto significaría que todos os individuos sometidos a unha determinada intervención (por exemplo, unha vacina), se verían beneficiados dela. Xa que logo, canto máis elevado sexa o NNT, menor será a eficacia dunha intervención terapéutica.

Cálculo O número que cómpre tratar calcúlase baseándose na seguinte fórmula:

Na que é a diferenza entre incidencias nos non expostos e nos expostos, ou o que vén a ser o mesmo, a redución absoluta do risco.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Dawson B, Trapp R. Bioestadística médica, 4º edición. Manual moderno, 2005. Outros artigos Prevalenza Incidencia Risco atribuíbel Risco relativo Risco absoluto Ligazóns externas Calculadora online para o NNT (GraphPad Software)

Categoría:Epidemioloxía Categoría:Bioestatística