Las altas presiones é un filme galego dirixido por Ángel Santos que se estreou no 2014. Contou con Jaione Camborda como directora de arte.

Sinopse Miguel viaxa a Pontevedra, a súa cidade natal, co encargo de rexistrar as localizacións para un filme. A súa viaxe lévao de regreso ó lugar no que medrou, ó reencontro con vellos amigos, pero tamén á posibilidade dunha nova relación: Alicia, unha enfermeira. Miguel tratará de levar a cabo o seu traballo aínda que case sempre prefira gravar ós paisanos cos que se atopa, os movementos e as facianas dos seus amigos e os trens pasando ou o mar.

Galardóns e nomeamentos 2014: Festival de Sevilla: Premio Xurado Campus "Las nueva Olas" mellor filme. 2014: Festival Internacional de Cine de Busán: Sección: Flash Forward.

XIV edición dos Premios Mestre Mateo Categoría Persoa ResultadoMellor longametraxeNomeadoMellor direcciónÁngel SantosNomeadoMellor fotografíaAlberte BrancoNomeado

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Las altas presiones en Margenes.org

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Ángel Santos Categoría:Filmes rodados en Galicia